Tropaverde participará na feira de outono de Santa Comba
A Feira de outono terá máis de 50 expositores en Santa Comba
A feira de Outono de Santa Comba cobra forza este ano con máis de medio cento de expositores xalleiros e foráneos que darán cobertura a sectores como o comercio, téxtil, artesanía, automoción, gastronomía e hostalaría, sobre unha superficie cuberta de 3.000 metros cadrados do recinto feiral da capital do Xallas. A feira, que está organizada pola Asociación Costavales, comezará ás 17.00 horas do día 9 de novembro e continuará o sábado o domingo, en horario ininterrompido desde as 10.30 horas.
Tropaverde participará cun stand propio onde repartiranse bolsas reutilizables con deseño de Tropa Verde aos que se inscriban coma usuarios. Durante o reparto, tamén se entregarán chapas, flyers con información e estrelas (para acumular e trocar por gasallos e descontos) e aproveitarase para informar das vantaxes que ten formar parte da comunidade Tropa Verde, así coma a participación "in situ" no sorteo de paraugas.
O reparto de bolsas para a compra pretende diminuír o consumo de plásticos e concienciar sobre a entrada en vigor do Real Decreto que incorporará ao ordenamento xurídico español a directiva europea 2015/720 para reducir o consumo de bolsas de plástico en toda a UE, onde as tendas estarán obrigadas desde 2018 a cobrar 5 e 30 céntimos pola bolsa de plástico.
O horario de participación da Tropa será sábado e domingo de 16:30h a 20:30h. Alí esperámosche!
Tropaverde
Tropa Verde é unha iniciativa, a través da cal os cidadáns recibirán premios por depositar os seus residuos no Punto Limpo, en varios locais que actúan como colectores de pilas, ou na sede de Cáritas (recollida de roupa, calzado e complementos). Deberán rexistrarse en https:// santacomba. tropaverde. org e con cada entrega, recibirán puntos que posteriormente poderán trocar por agasallos ou descontos nos vinte comercios que participan no programa.
Voltar o listado