Reciclar en Santa Comba ten premio!
Forma parte da Tropa Verde e obtén recompensas polas túas accións responsables
Últimas noticias
Que é Tropa Verde?
Tropa Verde é unha plataforma multimedia que ten por obxectivo fomentar a reciclaxe e a responsabilidade ambiental entre a cidadanía premiando de forma directa as boas accións medioambientais.
A web tropaverde.org conecta os tres elementos necesarios para conseguir dito obxectivo:
- a cidadanía
- os lugares onde os cidadáns e cidadás podemos depositar residuos e onde nos premiarán con cheques da Tropa Verde
- aqueles comercios e establecementos de hostalaría que colaboran aportando agasallos e/ou descontos
Como funciona Tropa Verde?
O funcionamento é moi sinxelo: cada vez que un cidadán ou cidadá deposita un residuo (nos lugares que se indican no apartado "Gaña estrelas" da web) recibe un cheque con estrelas (puntos). Esas estrelas o cidadán ou cidadá pódeas ir acumulando na súa conta (previa alta de balde na web) para trocalas por descontos e agasallos que aparecen no apartado "Recompensas". As recompensas apórtanas os comercios e establecementos de hostalaría que colaboran coa plataforma.
A que estás esperando? Aproveita esta oportunidade e date de alta! É de balde!
Patrocinadores


