Tropa Verde colabora con NormalizAutismo Galicia cun sorteo para o "I Concierto Benéfico NormalizAutismo"

A entidade sen ánimo de lucro “NormalizAutismo Galicia” será a promotora deste evento co obxecto de fortalecer o labor inclusivo das persoas con trastorno espectro autista na sociedade galega a través da música.

926380a3550052f79c9741faf165c6b1bed0a99b

Tropa Verde colabora coa asociación sen ánimo de lucro, NormalizAutismo Galicia cun sorteo de varias entradas para o "I Concierto Benéfico NormalizAutismo". 

Rosa Cedrón como madriña deste evento estará acompañada doutros artistas galegos como Luís Fercán, David Prado, Jorge Casal, Carmela Pequena e Álvaro Igrexas. Os artistas nacionais Jorge Marazu, Txetxu Altube, Mäbu, Virginia Maestro, Siloé, Pablo Moreno, Pol 3.14 e Carlos Suárez sumaranse tamén, coa súa colaboración, a esta iniciativa de normalización e visualización do trastorno espectro autista. 

A recadación deste concerto irá destinada integramente ao desenvolvemento de campañas informativas e de sensibilización para a visualización e mellor comprensión das afeccións que acompañan a este trastorno.

A continuación, explicamos os pasos a seguir para participar no sorteo:

Quen?
Poderán participar nesta iniciativa todos os membros da Tropa Verde, se algún cidadán ou cidadá quere participar e non é membro da Tropa Verde pode darse de alta en tropaverde.org

Como?
Co comezo do  lanzamos un concurso moi verde para todos os membros da Tropa Verde:

Para participar no presente concurso os participantes deben seguir as seguintes instrucións:

     1. Darlle a "me gusta" a publicación.
     2. Ser membro da Tropa Verde.
     3. Ser seguidor do Facebook de Normalizautismo
     4. Compartir a publicación.

Cando?
A iniciativa terá unha duración dende o 7 ata o 21 de setembro do 2018. E os gañadores saberanse o propio día 21.

Premio
Entre todos os participantes  realizarase un sorteo de 3 packs de entradas para dúas persoas para o I Concierto Benéfico NormalizAutismo na Sala Capitol de Santiago de Compostela o vindeiro 26 de setembro 

NormalizAutismo Galicia

Asociación sen ánimo de lucro promovida por familiares e amigos de persoas con trastornos do espectro do autismo ( TEA).

Preocupados por mellorar a calidade de vida e por promover o exercicio efectivo dos dereitos destas persoas, creceu o noso convencemento acerca da necesidade de ir máis aló dirixindo todos os nosos esforzos cara á sociedade galega mediante o desenvolvemento de campañas sociais e de información, repartidas durante todo o ano.

O traballo que se está facendo en Galicia por parte de familiares e organizacións na prestación de apoio a persoas  TEA ten un valor incalculable e está a obter uns moi bos resultados, resultados que se poden potenciar se incidimos aínda máis sobre as contornas non tan próximos dos afectados, co obxectivo de que a poboación galega teña un concepto máis claro do autismo xunto cunha noción básica sobre cales son as principais aptitudes e/ou insuficiencias que estas persoas manifestan, ata lograr unha convivencia máis inclusiva, aberta e  bidireccional.


Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando